«Febrero, nadador olímpico»

6 Setembro, 2010 (06:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Deporte, In memoriam, Memoria, Vigo

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha homenaxe a Alejandro Febrero Lorenzo, o primeiro nadador olímpico galego, participante nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 nas disciplinas de 40o e 1500 metros crol (estilo libre). Esta figura debe ser revificada entre os novos deportistas vigueses. O seu exemplo de esforzo, tesón, afouteza, compromiso coa ría e coa nosa cidade de sal non poden perderse. A corporación debía valoralo e darlle o seu nome a un dos treitos do paseo das Avenidas, quizais como «Dársena Alejandro Febrero».