«O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino»

24 Outubro, 2010 (19:28) | Eventos, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías

O luns e o martes celebraranse na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unhas interesantes xornadas sobre «O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino». O programa pode baixarse aquí en pdf.

As organizadoras tiveron a deferencia de convidarme a falar o luns á mañá de «Propiedade intelectual: implicacións, tendencias e cambios no libro electrónico» e a participar o martes na mesa redonda xunto aos outros participantes nas xornadas, Tati Mancebo, Antonio Quirós, Juan Blanco Valdés, Catuxa Seoane e Camilo Franco.

Aquí pode baixarse o borrador do texto que utilizarei no meu parlamento.