Fracaso sen paliativos

29 Xaneiro, 2011 (23:17) | Educación, Educación_para_a_Paz, Goberno Feijoo, Twitter

A noticia, adiantada onte en twitter por Guillermo Meijón, supón unha rotunda desautorización do Consello Escolar de Galicia ao Conselleiro de Educación e ao seu equipo. Non se pode impoñer unha chamada «Lei de Convivencia» a unha comunidade educativa que a rexeita de forma tan unánime. Diante de semellante fracaso sen paliativos, Xesús Vázquez non ten outras opcións que retirar o anteproxecto ou demitir; continuar o procedemento, coma se onte nada tivesese sucedido, sería un xeito de inocular un virus en cada un dos centros escolares. A celebración do Día Escolar pola non violencia e paz é unha magnífica oportunidade, quizais a derradeira, para retificar.