A mata

15 Febreiro, 2011 (21:16) | Artes Visuais, Cine, Música, Recurso_didáctico, Vídeos

a mata from SonCine on Vimeo.

Son fan do proxecto «SonCine» promovido polo IES do Porto do Son. Esta peza, «A mata», preparada polo alumnado de 3º de ESO cunha cámara fotográfica LUMIX é magnífica. Forma parte do proxecto «O meu Son», como «A praia do Dique» e «Noal». Traballos escolares que nos deixan pampos. Extraordinarios. Sobran as palabras. Recoméndoas. Beizóns ao equipo todo de SonCine.