«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

16 Maio, 2011 (15:16) | 17_de_maio, Cómic, Efemérides, Novela gráfica, Recurso_didáctico, Xerais

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. Creo que vai ser outras das obras de referencia deste magnífico e renovador ano Pereiro. Agardo que sexa do voso agrado. A edición  é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura e o libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.

O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.