Café de redacción en «Xornal de Galicia»

31 Xullo, 2011 (09:14) | Artigos_Xornal.com, Cultura, Edición, Editores, Educación, Entrevistas, Goberno Feijoo, Lectura, Política

Non sei como debeo agradecer a Xornal de Galicia a deferencia de ter organizado un Café de redacción comigo. Máis aínda cando estiven acompañado por xenerosos amigos de meu como Camilo Nogueira, Xabier DoCampo, Manuel M. Barreiro e Óscar Sánchez e de catro profesionais do xornal como a directora María Val, o subdirector Xabier Blanco, o responsable de Cultura Iago Martínez e a fotógrafa Sonia Daponte.

A eles oito a miña maior gratitude polas dúas horas de conversa tan fluída e (permitídeme a inmodestia) interesante sobre cuestións de actualidade política, edición, lectura, lingua, educación e mesmo un pouco de fútbol en clave galega.

O traballo de transcrición e síntese, moi traballado por Iago Martínez, quedou magnífico. Eis os enlaces dos tres grandes apartados e o retrato de IM e o editorial do xornal («Entusiasmo nos malos tempos»):