Onte 92: O discurso dos abrazos de Agustín en Guadalajara

9 Decembro, 2011 (01:14) | Autores, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Recurso_didáctico

Grazas á paciencia e oportunidade do xornalista Xulio Abollo contamos, por fortuna, con esta gravación realizada o pasado 29 de novembro na FIl de Guadalajara cun teléfono móbil do discurso de recepción de Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM. Un documento excepcional que pasará a historia literaria nosa, probablemente, como o «Discurso dos abrazos« de Agustín Fernández Paz. Recomendo seguir atentamente estes doce minutos maxistrais nos que o autor de Fantasmas de luz, apoiándose nalgúns dos seus autores máis queridos (Valente, Rodari, Cunqueiro, Auster, García Márquez, Gaarder…) aborda con enorme lucidez as cuestións fulcrais da creación literaria e do proceso social da lectura. Unha peza que vale o seu peso en ouro.

O texto do discurso pode baixarse en pdf aquí.