Onte 152: Bragado e Carlos Casares

7 Febreiro, 2012 (07:57) | Autores, In memoriam, Memoria, Onte

O meu amigo limiao Rafael Laso envioume este mapa da provincia de Buenos Aires. É doado comprobar que na mesma estrada, separadas por uns poucos quilómetros, están as cidades de Bragado e Carlos Casares. Unha proximidade atribuíble, quizais, a esa providencia laica que axuda a explicar estas coincidencias fortuítas. Seguro que Carlos Casares, finado hai agora dez anos, celebraría a representación gráfica da nosa amizade cun sorriso agarimeiro.