Onte 172: Outro paso

27 Febreiro, 2012 (07:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Goberno Rajoy, Onte, Política

A declaración do Kursaal é outro paso da esquerda abertzale para asumir a súa incorporación ao proceso democrático. O feito de «amosar o profundo pesar pola dor causada por ETA» e de recoñecer que aos seus membros faltoulles «cara unhas vítimas a sensibilidade amosada con outras» son afirmacións que deben ser acollidas e valoradas de forma moi positiva xa que supoñen admitir o seu erro e o seu compromiso para convivir en igualdade con aquelas persoas que non pensan coma eles. Outro paso no proceso, agardamos que irreversible, da fin da violencia en Euskadi. Tócalle agora mover ficha a ETA que quedou emprazada pola declaración «a desfacer as súas estruturas militares e por as armas fóra de uso». Semella que hai motivos para a esperanza.